A materia “Traballo por Proxectos en Educación Física” forma parte dos estudos do Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria. Trátase dunha materia optativa de 3 créditos, o que representa 75 horas de traballo do estudantado.
Esta materia facilitará ao alumnado o coñecemento de diferentes conceptos relacionados co traballo por proxectos nas aulas e mais aló, así como as claves para desenvolver proxectos de carácter interdisciplinar co movemento e a educación física como referencia. Así mesmo analizaranse os diferentes retos que se presentan para alcanzar o pleno desenvolvemento de proxectos tanto na materia de educación física coma na titoría ou mesmo en ámbitos fóra da escola para as edades de Educación Infantil e Primaria.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías