Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Sociais 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A6 A7 Analizaranse fontes documentais de investigación e innovación da área de Didáctica das Ciencias Sociais. 40
Traballos tutelados A3 A18 B1 B2 C6 C10 Desenvolverase un traballo tutelado consistente na formulación dunha investigación en Didáctica das Ciencias Sociais 60
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.

O alumnado será avaliado a través dun traballo grupal (60%) e dun traballo individual de análise de fontes documentais (40%), sempre que asista polo menos ao 80% das aulas presenciais. 

O alumnado que non chegue a unha asistencia do 80% das clases presenciais, así como o alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado por un exame (70%) sobre o temario da materia, e por un traballo tutelado (30%). Para aprobar deberá superar tanto o exame como o traballo.

Na realización dos traballos o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada esta causa de cualificación suspenso na devandita actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario. 

Así mesmo, recoméndase ter presente unha perspectiva de xénero na redacción do documento, non sendo aceptables faltas ortográficas. Igualmente, evitarase a entrega do traballo en formato papel, en favor do ecosistema, optándose polo formato dixital.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes