Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Subjects
  School Coexistence, Mediation and Conflict Resolution
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A7 A27 A31 B16 Esta actividade consiste na participación en xeral (en clase e/ou a través do foro en Moodle), e tamén na exposición grupal en clase (de 10-15 minutos) dun artigo, informe ou capítulo de libro (a escoller entre os títulos que se presentarán en Moodle).

Respecto á exposición grupal, valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
20
Supervised projects A5 B2 B3 B4 B5 C1 Valorarase a competencia do alumnado no resumo e na valoración argumentada de cada texto empregado na elaboración do traballo, así como na comparación entre os mesmos, coa fin de:
• realizar unha síntese crítica e orixinal, e
• analizar o caso ou a cuestión/problemática escollida.
80
 
Assessment comments

Para superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50% dos puntos correspondentes a cada unha das actividades de avaliación.

En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o alumnado poderá tentar superala na segunda oportunidade mediante a mellora das mesmas actividades. Alternativamente, poderá realizar unha proba mixta sobre os contidos da materia.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do
curso un calendario específico de titorías compatible coa súa
dedicación.

De xeito excepcional, o alumnado que nunca participou nas sesións (nin
de aula, nin de Teams, nin no Foro de Moodle) realizará o traballo
tutelado, que lle valerá o 80% da cualificación final, así como unha
pequena proba oral que lle valerá o 20% da cualificación final. A proba
realizarase telematicamente ou por teléfono, en formato de entrevista
que durará uns 30 minutos, aproximadamente. Como alternativa á proba
oral, a/o estudante en cuestión pode optar por realizar unha proba mixta, con material, cun límite de dúas horas para a
súa realización por Teams.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes