Descrición xeral |
A realidade é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro para seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha relación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Toda isto non ten sentido senon nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por elo, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo/oa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas metodoloxías que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así nesta materia se irá analizando as principais metodoloxías que poden ser aplicadas ao ámbito educativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica. |