Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías |
Asignaturas |
Orientación Familiar en Contextos Socioeducativos |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación Familiar en Contextos Socioeducativos | Código | 652546016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Portafolios do alumno | Elaborarase un portafolio sobre as actividades realizadas no aula. Cada una das partes do traballo a realizar será abordada teoricamente nas sesións expositivas previamente a fin de que o traballo sirva para reforzar os contidos teóricos, e sexan un apoio para a elaboración do traballo práctico por parte do/da estudante. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Presentación oral | Exposición verbal a través da que o alumnado e o docente interatúan dun modo ordenado onde, nun primeiro momento, o grupo expón o seu traballo e, en segundo lugar, a docente poderá propoñer cuestións, solicitar aclaracións de certos aspectos de forma dinámica. |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a aprendizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado. A estrutura das sesións maxistrais rexerase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teoricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividades que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación. |
|