Atendendo ás Normasde Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao eMestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e asmetodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberáacadar un 5 na cualificación global da mesma.
O alumnado quedurante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nassesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada edeberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.
O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non presentado.
A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se presentase.
- No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na primeira convocatoria), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
- No segundo caso (alumnado non presentado na primeira convocatoria) realizará todas as actividades de avaliación continua.
En canto árealización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.