Student portfolio |
A4 A5 C4 C6 |
Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal e outra ao traballo individual.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
*Será imprescindible que o alumnado entregue tódalas tarefas (individuais e grupais) incluídas no portafolios. En caso contrario, non poderá superar a materia. |
70 |
- Nas presentacións orais ou
escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión
adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras
persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria. - A asistencia ás sesións non
poderá ser inferior ao 80% das horas que se impartan de maneira
presencial. - O alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e o
portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de
modo individual. - Se un/unha alumno/a cuxa
asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha
actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta
incorporarase tamén ao portafolios. - O portafolios entregarase na
data que se indique ao inicio do curso. - Coa fin de facilitar a xestión
da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda
semana lectiva- a actualización do perfil persoal no campus virtual da
UDC, insertando unha foto actual. - Para superar a materia é
necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das
partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e
"proba mixta"). - Dado que a materia é impartida
por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais no
formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de
presentación de contidos. - Na 2ª oportunidade os criterios
de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª oportunidade. - A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa:
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario". Cumprimos así co establecido
no artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da
UDC
|