Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral O TFM tense de defender ante un tribunal que configurase da forma que establezca a Xunta de Facultad ou de ser o caso, a comisión que tiver as competencias delegadas, segundo o número de alumnado matriculado e a temática dos diferentes TFM.
Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. Os membros do tribunal contarán tamén cun tempo máximo de 20 minutos para formularen cantas preguntas e suxestións estimaren necesarias.

Usarase unha linguaxe non sexista e enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral, por tanto, é primordial e obrigatorio o uso correcto da linguaxe.
Traballos tutelados A extensión do traballo final é de sesenta páxinas máximo e corenta páxinas mínimo en DIN A4 (a dobre cara e a ser posible empregando material ecolóxico), escritas en letra Arial 11 a duplo espazo, sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de Artes). O alumnado deberá facer entrega do seu TFM subindo o arquivo en formato PDF á Secretaría Virtual e tamén á App do TFM. Esta modalidade de entrega non exclúe o uso doutros formatos ou materiais para o Itinerario de Artes Plásticas e Visuais. Na redacción utilizarase unha linguaxe directa, coidada e poderase acompañar de gráficos, esquemas e cadros.
As frases literais ou ideas doutros autores o autoras incluídos no traballo estarán apropiadamente referenciadas ao longo do texto e no apartado de referencias. En caso contrario poderase considerar plaxio, e o suspenso directo do traballo ademáis das consideración que a normativa académica da UDC considere.
Pódese consultar o tratamento do plaxio da UDC aquí: https://www.udc.es/es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
Ademáis as citas e as referencias bibliográficas deben recollerse según as normas APA.
Tense que evitar o plaxio.
É importante que as citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento."
Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e débese incorporar a perspectiva de xénero usando linguaxe non sexista.
Concretamente, o traballo presentado debe responder, en termos xerais, á estrutura que se determina a continuación:
a) Portada
Esta será a primeira páxina, que deberá levar o logo da UDC e incluír os seguintes datos:
• Nome e DNI/NIE do/a alumno/a e especialidade docente
• Nome do/a titor/a do TFM do Mestrado
• Titulo do traballo. Deberá aparecer en galego, castelán e inglés, por esixencia da acreditación do título pola normativa europea.
• Nome do centro onde se realizaron as prácticas docentes.
• Data de peche do TFM.
b) Índice
O índice deberá reflectir os diferentes apartados do TFM, así como os anexos correspondentes a táboas, cadros, gráficos etc. É imprescindible que sexa un índice numerado e inclúa a paxinación do TFM.
c) Introdución
Aquí farase constar o propósito xeral do TFM e as partes en que se organiza, así como a xustificación da elección do tema e/ou ámbito de innovación ou investigación educativa.
d) Fundamentación do TFM
Neste apartado o alumnado incluirá os fundamentos teóricos e a xustificación do seu TFM segundo a especificidade deste.
e) Desenvolvemento do TFM de acordo coa opción elixida (véxase o punto 2)
f) Valoración persoal e conclusións
Este apartado deberá ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas e deberá incluír:
– Unha valoración dos resultados obtidos no desenvolvemento do TFM e as súas conclusións.
– Unha reflexión persoal que contiver, cando menos, ideas conclusivas a respecto dos seguintes aspectos: a) contraste dos coñecementos conseguidos nas distintas materias do Mestrado e as experiencias das prácticas educativas e b) reflexión sobre o nivel de desenvolvemento persoal das competencias adquiridas para ensinar dentro da especialidade docente.
g) Referencias bibliográficas e recursos didácticos
Indicaranse especificamente os materiais didácticos consultados ou utilizados para realizar o TFM. A bibliografía debe organizarse segundo as normas APA, que se poden consultar na seguinte ligazón:
http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html
h) Anexos
Poderanse incluír os documentos que se consideraren pertinentes para a mellor comprensión e contextualización do TFM.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes