De acordo con a normativa vixente no Máster, para a superación da asignatura, ccon carácter xeral os alumnos deberán asistir como mínimo ao 80% das clases presenciais, caso no que se evaluará de acordo cos baremos indicados na parte superior. A asistencia e participación en clase valorase conxuntamente co traballo de curso nun só bloque, representando o 70% da nota final, ponderados de acordo coa taboa anterior.
En consecuencia, si un alumno no pudera acredita-lo mínimo de asistencia establecido anteriormente, sería penalizado con ninguna puntuación na parte destinada a valora-la participación activa e asistencia, sin que esta ponderación pase ó resto de actividades, representando polo tanto o traballo únicamente como máximo o 60% da calificación e o examen o 30% restante.
Como excepción, no caso de que algún alumno conte con dispensa académica que o exima de asistencia a clase, de acordo coa normativa vixente deberá comunicarllo ós profesores da asignatura a principio de curso en tempo e forma, e para supera-la asignatura, ademáis de entregar individualmente o traballo tutelado, deberá realizar unha proba obxetiva específica na data establecida polo Centro, cunha ponderación do 45% da nota final, estando reservado o outro 55% para o traballo.
De acordo co establecido anteriormente, todo alumno que non se presente ó examen final da asignatura terá a calificación de non presentado, conservándose as calificacións das distintas actividades para ambas oportunidades.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.