Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Subjects
  Didactics of the Technology in the secondary education
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se levan a cabo na aula antes de iniciar o proceso de E-A para coñecer as ideas previas, intereses e motivación do alumnado de cara á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Guest lecture / keynote speech Exposición dos contidos da materia por parte do persoal docente, buscando ao mesmo tempo a participación activa do alumnado a través do diálogo con este.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.
Workbook Lectura de bibliografía e materiais didácticos sobre contidos da materia.
Problem solving Técnica mediante a que se ten que resolver un problema concreto, a partir dos coñecementos que se traballaron, e que pode ter máis dunha posible solución.
Field trip Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia.
Simulation Metodoloxía baseada na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación. No caso particular desta materia simúlase o “método de proxectos”.
Mixed objective/subjective test Proba escrita individual que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes