Esta materia ten un carácter integral no sentido de que integra as aprendizaxes desenvolvidas nos módulos de Tecnoloxía para o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Tecnoloxía para o profesorado de Bacharelato e Didáctica da Tecnoloxía na Educación Secundaria.
Durante o desenvolvemento desta materia achegarase ao alumando ás estratexias de deseño e planificación de unidades de traballo, así coma de avaliación das mesmas, para buscar a mellora continua do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao mesmo tempo, aproximarase á dinámica dos métodos de traballo, afondarase no currículo oficial das distintas materias que integran a especialidade, ademais de traballar con recursos didácticos e técnicos propios das áreas tecnolóxicas, buscando métodos de organización racional destes dentro da aula-taller.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías