Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía |
Asignaturas |
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía | Código | 652602E1I2 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A25 A26 A28 C6 C8 | Proba escrita individual e presencial na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia. Valorarase especialmente a capacidade de argumentar desde o punto de vista pedagóxico, didáctico e curricular. Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: 1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”. 2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.” 3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.” |
30 |
Traballos tutelados | A23 A25 A26 A28 C3 C6 C8 | O alumnado de Máster elaborará, en pequeno grupo, un traballo tutelado (proxecto de innovación educativa). Este traballo será presentado a través dunha exposición oral. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia. - Integrar significativamente as TIC. - Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade). - Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa exposición oral. Non se valorará ningún traballo que non fose titorizado previamente. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia. - Empregar o currículo vixente. - Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia. - Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.” A exposición oral do traballo tutelado por parte de cada pequeno grupo realizarase en soporte audiovisual, mediante a creación dun vídeo. Todos os membros do grupo participarán na exposición oral dun xeito equilibrado. Os vídeos exporanse na aula e o resto de compañeiros/as de aula coavaliarán o traballo, xunto co persoal docente da materia. Despois da visualización de cada vídeo, o persoal docente da materia interactuará co alumnado autor do vídeo, a través de cuestións. A duración mínima da presentación oral en soporte audiovisual é de 10 minutos e a duración máxima é de 20 minutos. A duración máxima da interacción persoal docente-alumnado é de 10 minutos. A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). |
60 |
Resumo | A26 C3 C6 C8 | Síntese do traballo tutelado, que subirase ao apartado habilitado para tal fin no Campus Virtual da materia, seguindo as especificacións proporcionadas e no prazo establecido polo persoal docente da materia. A entrega do resumo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). |
10 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante
O alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria) ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo - Deberá poñelo en coñecemento do - Terá que realizar de - Para a
|
|