Para poder optar a la suma de las diferentes partes de la evaluación, el alumno deberá superar en su 50% la prueba práctica. De no ser así, se considerará suspenso.
NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:
Alumnado con recoñecemento de dispensa
académica
Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.
2.
Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, considerarase coma non
presentado e deberá realizar unha actividade sustitutoria na data establecida
para a avaliación final.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das
actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada
na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes
un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar
algunha das partes na segunda oportunidade, deberán repetir todas as partes non
aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).