Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física |
Subjects |
Projects of innovation and educational investigation(research) in physical education |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Projects of innovation and educational investigation(research) in physical education | Code | 652603E1I3 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | Yearly |
First | Obligatory | 2 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Supervised projects | A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 | "Proxecto de innovación en EF": Este traballo consiste en deseñar e xustificar un proxecto de innovación educativa na área de Educación Física, dirixido a poboacións de Educación Secundaria e/ou Bacharelato . As características que debe cumprir este traballo atópanse detalladas Campus Virtual UDC. | 50 |
Collaborative learning | A21 A22 A26 A27 C6 C8 | Ao longo do curso, os grupos formados na primeira sesión teñen que resolver tarefas breves, que poden concretarse en documentación a entregar ou a expoñer. | 40 |
Oral presentation | A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 | Os grupos formados na primeira sesión terán que realizar unha presentación oral en formato do seu proxecto de innovación en Ed. Fís. | 10 |
Assessment comments | |||
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA: Alumnado con recoñecemento de dispensa académica Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase como non presentado. 3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba). |
|