Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental. Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen
requeridos, en presentación Power Point, e non impresos, a fin de
colaborar cunha Facultade/Universidade respectuosa co medio ambiente e
sostíbel. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados
complementarmente, en caso de se estimar oportuno. Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas
e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |