Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral |
Subjects |
Practicum |
Assessment |
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Practicum | Code | 652606606 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Obligatory | 12 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Student portfolio | A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 | Adopta a estrutura e contidos que se establecen na Guía de Prácticas. A cualificación da memoria de prácticas corresponde ao profesorado titor da Facultade. Para a súa avaliación utilízase unha rúbrica que está dispoñible en moodle. | 50 |
Field trip | A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 | O/a titor/a do centro de prácticas é o responsable da súa avaliación, conforme aos criterios especificados na escala de valoración que se recolle na Guía de Prácticas. | 50 |
Assessment comments | |||
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP. Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións outorgadas polo profesorado titor do centro de prácticas e da Facultade. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. A cualificación final será, sempre que se aproben as dúas partes, o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Non ter presentada a memoria (portafolios) tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. No que respecta a cualificación outorgada polo profesorado titor dos centros non é susceptible de enmenda. O titor/a de Facultade informará da cualificación obtida nos distitnos criterios de avaliación. Esta información proporcionarase na data e horario fixados para a revisión da cualificación do Practicum. Na segunda oportunidade de avaliación: - A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade. - As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. Canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro: o alumnado pode que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación por parte do seu profesorado titor de facultade, na data de revisión para a súa cualificación na materia. LINGUAXE INCLUSIVA E CITACIÓN XUSTA A utilización da linguaxe inclusiva é obrigatoria. Coobxectivo de visibilizarmos as autoras nas referencias bibliográficas, recoméndase utilizar a citación xusta, para a que se poden consultar as seguintes fontes:
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual Citación xusta |
|