ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil de moodle.
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados os traballos entregaranse en formato dixital.
CARGA DE TRABALLO
A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 216 horas de traballo fora da aula. Polo tanto, cómpre unha boa planificación e xestión do tempo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Segundo se recolle na normativas e plans de aplicación na docencia universitaria, na materia incorporase a perspectiva de xénero ( perspectiva de xénero ( incorporación de contidos e criterios de evaluación específicos, uso da linguaxe non sexista, utilización de bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |