Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá |
Asignaturas |
Practicum |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum | Código | 652608806 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A32 A33 A34 A35 | O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta | 50 |
Saídas de campo | A33 A34 A35 | O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. | 50 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: - A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade. - As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade mantense para a segunda. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. Canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro: o alumnado pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación por parte do seu profesorado titor de facultade, na data de revisión para a súa cualificación na materia. - Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP. |
|