Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá |
Asignaturas |
Traballo fin de Mestrado |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo fin de Mestrado | Código | 652608807 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | C1 C2 C3 | Presentación e defensa • Calidade dos medios e/ou materiais de apoio, no caso de que se empreguen. • Coherencia e claridade de ideas na exposición. • Boa competencia lingüística oral. • Capacidade de síntese • Habilidade para responder na discusión. |
15 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Cuestións formais (5%) • Claridade de ideas, de exposición e de organización da información. • Relación e coherencia entre as partes do TFM. • Boa calidade lingüística do discurso. Fundamentación teórica (30%) • Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre coñecemento suficiente da bibliografía relevante e do consenso científico vixente verbo do tema en cuestión. • Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento. • Referencia aos contidos traballados no Mestrado. • Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais. Desenvolvemento do TFM (35%) • Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...). • Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización. • Adecuación ao marco lexislativo e curricular. • Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta. Valoración persoal e conclusións do TFM (15%) • Relación das conclusións cos obxectivos do TFM. • Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado. • Grao de desenvolvemento das competencias profesionais. |
85 |
Observacións avaliación | |||
- O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM. - O/a coordinador/a do Mestrado designará os/as integrantes dos tribunais que avaliarán os TFM, fixará as súas datas e horas de actuación e determinará que alumnos/as deberán comparecer perante cada un deles. - Os tribunais estarán constituídos por tres membros titulares; ademais, de ser posible, asignarase unha parella de suplentes. O/a director/a dun TFM non poderá formar parte da comisión que o vai avaliar. - Finalizadas as defensas de todos os TFM da súa competencia, o tribunal deliberará e, logo de resolver, publicará as cualificacións provisionais. As cualificacións provisionais serán a media das outorgadas individualmente polos/as integrantes do tribunal, e poderán moverse nas seguintes marxes:
Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia ou, se for o caso, permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|