No apartado de "Traballos tutelados" (60%), o profesorado da materia avaliará tamén, de ser o caso, a exposición oral; a proba mixta computará, por tanto, como o 30%.
O alumnado terá que entregar e/ou expor os traballos e
actividades solicitados no prazo fixado.
Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas
esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren
deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.
Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (40), traballo tutelado (60).
O alumnado con dispensa académica deberá comunicar ao docente a dispensa na primeira semana de aulas (ou, se non, nun prazo non superior a 7 días desde a súa concesión). Para superar a materia, deberá realizar todas as actividades e/ou traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas estabelecidas polo docente. A cualificación final será a media ponderada das notas das actividades e/ou traballos e mais da nota do exame (realizado na data oficial), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non aprobar algunha das partes, na segunda oportunidade deberá repetiir as partes non aprobadas (actividades, traballos e/ou proba).