Obradoiro |
A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 |
Valorarase a participación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas |
10 |
Traballos tutelados |
A20 |
Realización dun traballo tutelado (que poderá ser individual ou grupal) |
60 |
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase.
O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica.
Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota númerica 0) na convocatoria en que se cometa.
Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|