Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Historia do ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A13 A14 A15 A17 A18 A27 C2 C4 C6 Conxunto de pequenas tarefas a realizar durante o curso. 30
Aprendizaxe colaborativa A1 A3 A10 A13 A15 A18 A27 C2 C3 C4 C6 C7 Realización dun traballo en grupo sobre a utilidade e a aplicación dos diferentes métodos ao desempeño docente hoxe en día. 30
Portafolios do alumno A15 A17 A19 C2 C4 C6 C7 Realización dun portafolios individual cunha ficha por cada un dos métodos estudados. 20
Presentación oral A1 A3 A10 A13 A15 A18 A27 A33 C2 C3 C4 C6 C7 Presentación oral do traballo en grupo, que recibirá unha avaliación individual. 20
 
Observacións avaliación

  • Entrega de traballos:



Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra
de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán
cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar
programas específicos de detección do plaxio. Calquera falta de honradez
académica (plaxio, copia de traballos, copaia de exames, etc.) penalizarase, de
acordo ao establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos
10.3.f e 11.4.b, co suspenso en ambas oportunidades.

 


  • Cualificación de Non Presentado (NP):



Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado
deberá non ter entregado nin o traballo en grupo (Aprendizaxe Colaborativa) nin a presentación oral.



  • Corrección Lingüística:



As tarefas deben
atender os requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios do
nivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias nesta área
serán penalizadas.


  • OPORTUNIDADE DE XULLO:



O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade
terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das
diferentes actividades de avaliación mais na que os diferentes traballos serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da
materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non poderán
ser repetidas na oportunidade de xullo. 


  • DISPENSA ACADÉMICA:



O estudantado con dispensa académica oficialmente
recoñecida será avaliado segundo as indicacións  para a oportunidade de
xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións
dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta
situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña
coñecemento da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes