Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras |
Asignaturas |
Recursos. estratexias e materiais didácticos na aula de linguas estranxeiras |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Recursos. estratexias e materiais didácticos na aula de linguas estranxeiras | Código | 652609922 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A21 A22 C3 | Diseño e aplicación dun material didácitico innovador para o seu uso na aula de lingua estranxeira. | 30 |
Análise de fontes documentais | A21 C2 | Deberanse analizar de forma crítica catro estudos de caso. A análise de cada artigo será de dúas páxinas en formato Times New Roman e dobre espazo e o se contido organizarase en: 1. Título, fonte e resumo do traballo; partes que o compoñen; e análise critíca do mesmo. Data máxima de entrega: horario da proba oficial. |
50 |
Presentación oral | A22 | Análise e presentación en clase dun material didácitico innovador para o seu uso na aula de lingua estranxeira. | 20 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado que asistiu a clase con regularidade (80%) e non supere a materia na convocatoria ordinaria terá que repetir só as partes suspensas. Aqueloutras estudantes cunha exención académica que os exime de asistencia, solicitada formalmente a tempo e forma, serán avaliados a través dos seguintes compoñentes: -Análise de fontes documentais: análise de 6 artigos - 5 puntos. -Estudo de caso: deseño de dous materiais didácticos - 3 puntos. - Presentación oral: presentación dos dous materiais didácticos no horario da proba oficial - 2 puntos. Neste caso, a nota final será o resultado da suma das cualificacións obtidas. Aqueloutros estudantes que non asistan ao 80% das sesións ou non aproben a materia na primeira convocatoria, na convocatoria extraordinaria de xullo serán avaliados polo mesmo método proposto para aquelas persoas con exención académica. Os traballos deben entregarse electronicamente a través do campus virtual e, se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara e usar papel reciclado. Alumnado con recoñecemento de dispensa académica Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017 ) : 1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento. 2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega nadata sinalada considerarase como suspenso e recibirá unha cualificación de 0. 3. A cualificación seráa media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba). IMPORTANTE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario |
|