Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras |
Asignaturas |
Metodoloxía do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira | Código | 652609923 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A5 A15 A17 A19 A21 A23 A28 C2 C3 | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e das comunicacións, que se basean na organización da aula en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. | 30 |
Presentación oral | A5 A15 A17 A18 A19 A22 A27 C2 | Presentación oral dun tema relativo a metodololoxía (teorías, investigación, estratexias, aspectos prácticos, simulacións, etc.). | 30 |
Discusión dirixida | A5 A19 A27 C2 | Participación mostrando pensamento crítico e reflexivo nos debates en torno aos distintos métodos/principios de ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira. | 10 |
Portafolios do alumno | A3 A19 A27 A28 C2 C6 | Carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo. É de carácter individual. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir a un 80% das sesións presenciais. Os items de avaliación son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma das calificacións obtidas en cada un deles. Aquel alumnado que non asista a un 80% das sesións presenciais ou non supere a materia na convocatoria ordinaria, na convocatoria extraordinaria de xullo serán avaliados polo mesmo método proposto para aquelas persoas con dispensa académica. AVALIACIÓN DE ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica deberase poñer en contacto coa profesora antes do comezo das clases para acordar as datas de entrega do traballo individual e a presentación oral. - Presentación oral: 30% - Traballo individual: 30% - Proba mixta na data do calendario oficial: 40% Os items de avaliación son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma das calificacións obtidas en cada un deles. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios. Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega nadata sinalada considerarase como suspenso e recibirá unha cualificación de 0. 3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba). Importante : A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario |
|