Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras |
Asignaturas |
Avaliación do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Avaliación do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira | Código | 652609924 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Recensión bilbiográfica | A24 C2 C6 | Lectura crítica dun libro, dun artigo ou dunha comunicación a un congreso. O proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á profesión docente. | 20 |
Presentación oral | A27 C2 | Presentación oral dun tema relativo a avaliación (actividades ou tarefas de avaliación, teorías, investigación, aspectos prácticos, simulacións, deseño de actividades...). | 30 |
Aprendizaxe colaborativa | A24 A27 C4 C6 | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de membros do grupo. |
30 |
Resumo | A24 A27 C2 C4 C6 | Síntese dos temas tratados na aula en forma de entradas dun diario de aula. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais. Os items de avaliación son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10. A nota final será a media ponderada das cualificacións obtidas en cada un deles. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e instrumentos. AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, solicitada formalmente en tempo e forma, deberá informar á profesora na primeira semana das clases e será avaliado na convocatoria ordinaria como o resto de alumnado presencial mediante os seguintes ítems, que fará de forma individual e entregará nas datas establecidas pola docente: - Presentación oral: 30% - Traballo individual: 30% - Recensión bibliográfica: 20% - Resumo (diario): 20% A cualificación será a media ponderada das notas das tarefas e traballos realizados, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas. AVALIACIÓN DE ALUMNADO NON PRESENCIAL O alumnado que non asista polo menos a un 80% das sesións presenciais deberá informar á profesora na primeira semana das clases e será avaliado na convocatoria extraordinaria de xullo mediante os seguintes ítems, que fará de forma individual e entregará nas datas establecidas pola docente: - Presentación oral: 30% - Traballo individual: 30% - Recensión bibliográfica: 20% - Resumo (diario): 20% A cualificación será a media ponderada das notas das tarefas e traballos realizados, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. Importante: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |
|