Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras |
Subjects |
Evaluation of the education - learning of the foreign language |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Evaluation of the education - learning of the foreign language | Code | 652609924 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | Yearly |
First | Obligatory | 3 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Critical bibliographical | A24 C2 C6 | Lectura crítica dun libro, dun artigo ou dunha comunicación a un congreso. O proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á profesión docente. | 20 |
Oral presentation | A27 C2 | Presentación oral dun tema relativo a avaliación (actividades ou tarefas de avaliación, teorías, investigación, aspectos prácticos, simulacións, deseño de actividades...). | 30 |
Collaborative learning | A24 A27 C4 C6 | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de membros do grupo. |
30 |
Summary | A24 A27 C2 C4 C6 | Síntese dos temas tratados na aula en forma de entradas dun diario de aula. | 20 |
Assessment comments | |||
Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais. Os items de avaliación son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10. A nota final será a media ponderada das cualificacións obtidas en cada un deles. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e instrumentos. AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, solicitada formalmente en tempo e forma, deberá informar á profesora na primeira semana das clases e será avaliado na convocatoria ordinaria como o resto de alumnado presencial mediante os seguintes ítems, que fará de forma individual e entregará nas datas establecidas pola docente: - Presentación oral: 30% - Traballo individual: 30% - Recensión bibliográfica: 20% - Resumo (diario): 20% A cualificación será a media ponderada das notas das tarefas e traballos realizados, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas. AVALIACIÓN DE ALUMNADO NON PRESENCIAL O alumnado que non asista polo menos a un 80% das sesións presenciais deberá informar á profesora na primeira semana das clases e será avaliado na convocatoria extraordinaria de xullo mediante os seguintes ítems, que fará de forma individual e entregará nas datas establecidas pola docente: - Presentación oral: 30% - Traballo individual: 30% - Recensión bibliográfica: 20% - Resumo (diario): 20% A cualificación será a media ponderada das notas das tarefas e traballos realizados, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. Importante: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |
|