Descrición xeral |
A asignatura de Socioloxía da Educación é o estudio dende a perspectiva sociolóxica do feito social da educación. Polo tanto, resulta ser unha introducción ó estudio sistemático e científico das relacións entre as sociedades e os seus diversos individuos, coletivos e os feitos educativos diferenciais (ou non) conforme ás diferentes culturas e as súas transformacións. A educación non pode estudiarse como un feito social illado, por iso é preciso abordar a súa comprensión dun xeito holístico sen esquencer os vencellamentos entre os niveis macro e micro sociolóxicos. A Socioloxía é a ciencia que analiza os feitos sociais aplicando métodos empíricos. Posto que a educación é un fenómeno social que está imbricado na estructura da sociedade, resulta fundamental aproximarse ó seu estudio dende una comprensividade sociolóxica. De tal xeito que a educación forma parte dun macrosistema social e cultural maior que fai que se atope condicionada por diferentes factores sociais, tales como a estratificación social, a desigualdade social, os ideais pedagóxicos, as políticas educativas, etc. Para coñecer e analizar en profundidade estes feitos sociais, durante o desenvolvemento da asignatura, formarase ó alumnado nos paradigmas teóricos da socioloxía clásica e a seu vencellamento coa Educación formal e tamén en contextos/articulacións non formais ou non explícitas; analizarase o papel da escola como axente socializador; o nexo relacional entre a economía, a estratificación social e a educación, a construcción social das diferencias sexuais; a diversidade étnica e a escola; etc. Ademáis, proporcionaranse ferramentas metodológicas para o estudio de fenómenos sociais e algunas das principais técnicas de investigación social (enquisa, entrevista en profundidade, observación participante, grupo de discusión, etc.) e tamén sinxelas análises cuantitativas.
|