Traballos tutelados |
As clases expositivas combinaranse con clases interactivas guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante. Nas clases interactivas, empregaranse metodoloxías deseñadas para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Estarán referidas prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”, o cal constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.
Os contidos desenvolvidos nos traballos tutelados formarán parte da proba mixta.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Os contidos desenvolvidos nestas charlas, conferencias,.... formarán parte da proba mixta. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta |
A proba final dos contidos desenvolvidos nas sesións expositivas e interactivas realizarase mediante unha proba mixta na data de exame fixada pola Xunta de Facultade. Esta proba, poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|