Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Orientación e titoría |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación e titoría | Código | 652G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Coas actividades iniciais identificaranse os coñecementos previos que os/as estudantes posúen da materia e presentarase a mesma. |
Sesión maxistral | A través das sesións expositivas, as profesoras explicarán os diferentes temas e conceptos incluidos neles para a súa mellor comprensión (vídeos, presentacións autoexplicativas,...). |
Simulación | O alumnado deberá actuar como titor/a ante diversas situacións nas que se traballarán as relacións interpersoais, o comportamento, as actitudes e os valores. |
Lecturas | Os/as estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos. |
Proba de ensaio | Proba asíncrona na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do/a estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Presentación oral | Os/as estudantes deberán facer unha presentación oral dalgunha temática traballada. |
Proba obxectiva | Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará diferentes probas escritas para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, a teoría dun ámbito de coñecemento. |
Aprendizaxe colaborativa | Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
|