Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose
posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar
papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e
medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas." |