Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa, tanto nas sesións expositivas como interactivas. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en grupo. A saída ao medio será obrigatoria.
Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das partes da avaliación, sendo necesario asistir ao 80% das clases.
Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as que non se presenten a algún dos apartados da avaliación.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá presentar a tarefa correspondente a análise de fontes documentais (20%), así como un traballo final (80%).
Nos traballos a realizar, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade incurrir en copia do traballo de terceiros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como nasegunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta deprimeira oportunidade, se fose necesario.