Eventos científicos e/ou divulgativos |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os contidos da materia e facilitar a construción da aprendizaxe. |
Presentación oral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, por parte dos grupos de traballo sobre algún dos contidos da materia para optimizar a aprendizaxe individual e do grupo-clase. |
Portafolios do alumno |
De xeito virtual, os estudantes realizarán ao longo do curso un cartafol no que recollerán as cuestións máis significativas das tarefas e actividades de aprendizaxe realizadas (esquemas, presentacións, traballos, lecturas, prácticas, etc.) có fin de facilitar a reflexión e autoavaliacion do proceso formativo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. O alumnado realizará uns plans de intervención no grupo aula que respondan a distintas necesidades de atención temperá. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Análise de fontes documentais |
Revisión de lecturas, documentos audiovisuais, referencias adicionais, etc. que serán facilitadas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados tanto de carácter teórico como práctico. |