Obradoiro |
Momentos de traballo presencial có profesor/a, polo que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverán se indicará en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
En xeral consistirá na interpretación de diferentes partituras de Conxunto Instrumental baixo a dirección do profesor/a. Será necesario obter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para superar este apartado. Implica a obligatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado.
Dado que se trata dunha práctica grupal, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados.
|
Prácticas a través de TIC |
Emprego de recursos informáticos tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a investigación, onde se deberá facer unha análise estadística dos resultados.
As Tic tamén se poden empregar como recurso complementario para a práctica do dictado musical. |
Proba oral |
Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Lecturas |
Conxunto de textos e documentación escrita que van recollendo e editando como fonte de profundización nos contidos traballados. |