Asistencia é necesaria e imprescindible.
Para aprobar a materia será preciso a entrega de tódolos proxectos así como a participación nas diferentes dinámicas de laboratorio.
Alumnado con recoñecemento de dispensa
académica
Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.
O alumnado de matrícula PARCIAL e/ou con DISPENSA ACADÉMICA realizará unha proba teórico-práctica nas datas oficiais de exame, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre a bibliografía a concretar, e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.
Plaxio: aplícase o artigo 14.4 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario