Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Primaria |
Subjects |
Galician Language Teaching |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Galician Language Teaching | Code | 652G02005 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
First | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Supervised projects | A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 | Realización en pequeno grupo de traballos titorizados guiados e que constarán dunha parte escrita e dunha presentación oral | 25 |
Long answer / essay questions | A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 | Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas | 40 |
Workshop | A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 | Avaliación da participación do alumnado en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente. | 30 |
Workbook | A45 A48 A50 A52 B15 | Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación, organización e explotación das súas posibilidades didácticas, a través do debate en foros ou tarefa de Moodle. | 5 |
Assessment comments | |||
- Na cualificación final da materia do alumnado que asiste ás aulas tamén influirán variantes como a participación nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas e das actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. -Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta. - Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes (proba de ensaio, obradoiro e traballo tutelado), en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Excepcionalmente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame. - A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita con base na proba de ensaio escrita e un traballo titorizado, que computarán na avaliación nun 70% e un 30% respectivamente. Desde o inicio das aulas, este alumnado porase en contacto coa docente para establecer un plan de traballo e seguimento. - Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro. - Para superar a materia o alumnado deberá ser capaz de expresarse con corrección e fluidez en todas as probas de avaliación e nas diferentes tarefas e traballos obrigatorios. - No caso de detectarse a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "Suspenso" na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado como "Suspenso" (nota 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |
|