Proba obxectiva |
B22 B24 B25 |
Con esta proba, ademais de examinar os coñecementos adquiridos polo alumno/a durante o curso grazas ás sesións maxistrais, e ás actividades desenvolvidas nas sesións interactivas, e a análise de fontes documentais, avaliarase a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá. |
40 |
Portafolios do alumno |
C1 C8 |
Arquivo que se pode presentar para comprobar a rigurosidade no seguimento do alumno ou da alumna das sesións interactivas. Presentarase oredenado, dando conta do desenvolvemento das mesmas ou do produto final de cada unha delas. |
10 |
Os/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica para esta materia. Logo de a obteren, deberán poñerse en contacto co/coa docente, que arbitrará procedementos de avaliación adicionais á proba obxectiva (á cal teñen, coma o alumnado ordinario, o dereito e o deber de presentarse).
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa.
|