Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Organización e avaliación de institucións educativas |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Organización e avaliación de institucións educativas | Código | 652G02011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Esta metodoloxía empregarase para presentar o plano de traballo da asignatura, introducir e/ou expoñer os contidos básicos de cada un dos temas da guía docente, formular cuestións para afondar neles e proporcionarlle ao estudantado orientacións para a elaboración das actividades, probas e traballos solicitados. |
Discusión dirixida | Mediante esta medotoloxía búscase analizar e poñer en común parte dos contidos traballados na asignatura, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. Estes debates realizaranse a partir do contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase. |
Traballos tutelados | Esta metodoloxía está orientada á realización, en pequeno grupo, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas. Este traballo iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado. Os resultados acadados iranse presentando ao longo do cuadrimestre. Implicará a análise e relación de contidos da documentación traballada. |
Proba mixta | A proba pode conter diferentes tipos de preguntas que requiren poñer en relación os contidos traballados coas distintas metodoloxías empregadas durante o cuadrimestre. |
|