Requisitos
para superar a materia (para o alumnado con dedicación a tempo completo e para
o que ten recoñecida a dedicación a tempo parcial):
- Asistir e participar
regularmente nas actividades da clase (asistencia mínima do 80%).
- Obter unha puntuación
mínima do 50% do peso da proba
- A convocatoria da
segunda edición ordinaria estará sometida aos mesmos requisitos que a de
xaneiro.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.