Análise de fontes documentais |
Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles/elas sós/soas partindo dalgunha indicación. Terannos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan. |
Sesión maxistral |
Na que a profesora explicará algún contido teórico da materia que non quedase claro cos documentos e vídeos de traballo publicados no Campus Virtual. |
Simulación |
Terán que deseñar unha actividade de titoría. Nun primeiro momento trataráse dunha simulación curta ao comenzo da asignatura sen máis referente que o que viviron eles/as na súa propia pel; e ao final da asignatura terán que representar na aula, a simulación con tódolos contidos aprendidos, tendo que ser o máis realista e adaptada a contextos posible, despois de ver toda a materia. |
Foro virtual |
Empregaránse os foros do campus virtual para ir traballando os contidos. Eles/as teñen que ir incorporando rerlexións, dicindo cómo entenden os conceitos vistos, redactar preguntas que outras persoas intentarán responder, etc., xa que se traballará en "aula invertida" e as aulas serán unha posta en práctica do aprendido.
A profesora moderará os foros e só intervirá en caso de que o considere necesario.
A idea é que das súas aportacióss saian as preguntas do exame final, polo que terán que empregarse a fondo. |