-Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.
-A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita con base nunha proba obxectiva e un traballo titorizado. O alumnado terá que contactar coa docente ao inicio de curso para concretar o tipo de traballo que deberá entregar para a súa avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa.
Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.