Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos | Código | 652G02038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A3 A4 A20 B16 B17 B22 | Cada estudante individual ou grupo de estudantes seleccionará unha situación real que terá que describir, analizar e interpretar, e finalmente proporcionará pautas e orientacións para realizar promover unha educación inclusiva para todos e todas. O traballo terá unha extensión máxima de 5000 palabras. Os criterios de avaliación son: -Descrición e identificación da información necesaria para realizar un informe do alumnado completo e adecuado a cada situación. -Hipóteses que poidan contribuir a explicar e entender mellor que pode estar ocorrendo nesa aula para que se xenere esa situación. -Pautas para implementar nese contexto específico de aula ordinaria para promover unha escola inclusivo para todos e todas -Emprego de bibliografía inclusiva -Valorarase positivamente a integración con carácter transversal a inclusión da análise e intervención dende unha perspectiva ecosistémica que integre a perspectiva de xénero, de sustentabilidade e lingüística, que se explicará detalladamente na clase. -Uso de lenguaje inclusiva |
20 |
Traballos tutelados | A3 A4 A6 A11 A20 B16 | Os traballos tutelados realizaranse maioritariamente dentro do horario lectivo da materia. Formará parte da avaliación continua. Cada equipo subirá 4 tarefas durante o cuatrimestre. Os traballos consistirán en: deseño dunha aula ordinaria ordinaria accesible para a mobilidade e para o acceso ao coñecemento, realización do perfil de estudantes de EP que poderían estar na aula (algúns dos cales poden ser os mismos do proxecto de investigación). Finalmente o equipo deseñará unha proposta de intervención ou pautas orientadas á selección de obxectivos, contidos, metodoloxía, estratexias de intervención, recursos e materiais, avaliación, etc que respondan ás distintas necesidades do todo o alumnado da aula. Criterios de avaliación: 1. Formulación de obxectivos acordes coas características dunha aula na que se pretende dar resposta á diversidade desde unha perspectiva inclusiva. (10%) 2. Selección e xustificación da metodoloxía, recursos e materiais, avaliación e todas as medidas necesarias para abordar a diversidade desa aula específica. (10%) 3. Propostas e directrices para adoptar na aula para superar situacións de discriminación, exclusión e para facilitar a cohesión e a convivencia na aula. (10%) 4. Uso da bibliografí inclusivaa (10%) 5. Exposición oral (10%) |
40 |
Aprendizaxe colaborativa | A4 A11 B16 B17 B23 C4 | A aprendizaxe colaborativa será a constante da materia. Os traballos tutelados e a proba práctica realizaranse en equipo e, quen o considere, tamén poderá realizar o estudo de caso. Os equipos darán unha avaliación interna do seu grao de funcionamento e da implicación no seguimento da materia. | 10 |
Proba práctica | A6 A4 B22 B16 C4 | Esta actividade realízase en equipo. Ao alumnado propónselle un caso prácticos dos propostos polo propio alumnado e terán que analizar as posibles hipóteses do que sucede nesa situación, que obstáculos se detectan e que dificultan que todo a alumnado poida compartir unha experiencia de aprendizaxe exitosa para todas as persoas que integran a aula. Analizarase a capacidade do equipo para detectar o que ocorre, as estratexias e propostas que realizan para superar os problemas que caracterizan esa situación. | 30 |
Observacións avaliación | |||
A modalidade de avaliación será a mesma para o todo o alumnado e para as dúas convocatorias (maio e xuño). P O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá solicitar unha titoría para programar as sesións interactivas e expositivas nas que non puidera participar co fin de planificar os traballos. O alumnado non asistente (que non asista a un 80% das clases por motivos xustificados), realizará os mesmos traballos que o asistente, pero con adaptación que afectan aos traballos tutelados e as probas prácticas. Este alumnado poderá traballar en equipo (neste caso tamén terá a posibilidade de ser avaliada na opción de aprendizaxe colaborativa). A proba práctica pode ser realizada en equipo ou individualmente. No caso de non traballar en equipo, o 10% da avaliación engarriase á proba práctica que pasará a ser o 40% da cuaificación. Os traballos presentaranse en formato dixital no campus virtual na tarefa deseñada para tal fin. "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario" No caso de poder implementar un APs, ambas actividades poderán realizarse dentro dese marco. |
|