Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Teaching Galician History and Geography
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A14 B5 B8 B9 B14 B15 B24 B25 C1 C8 Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 40
Objective test A31 A32 B3 B13 Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. 20
Field trip A33 A34 A35 A37 B1 B4 C4 C7 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 40
 
Assessment comments

Na
avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa, tanto nas
sesións expositivas como interactivas. Valoraranse os coñecementos adquiridos,
a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e
a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. A saída ao medio será obrigatoria.

Para
superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das partes da
avaliación, sendo necesario asistir ao 80% das clases.

Terán
carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as que non se presenten a algún
dos apartados da avaliación. 

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá realizar un traballo de curso individual e unha proba obxectiva, sendo calificada esta última cun 40% e o traballo de curso cun 60%. 

Nos
traballos a realizar, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade incurrir en copia do traballo
de terceiros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será
imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os
devanditos traballos.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con“suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como nasegunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta deprimeira oportunidade, se
fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes