Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Social |
Subjects |
Developmental Psychology |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Developmental Psychology | Code | 652G03003 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
First | Basic training | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Student portfolio | A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 | En relación co portafolio valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade na exposición. |
30 |
Mixed objective/subjective test | A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 | - Nas preguntas tipo test presentaranse varias alternativas de resposta onde só unha delas será a correcta. Penalizaranse aquelas respostas erróneas. - Nas preguntas de resposta curta valorarase a precisión e a claridade nas respostas. Trátase de amosar que se comprende e se domina o que se pregunta. |
70 |
Assessment comments | |||
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%: a) Elaboración e presentación do portafolio/dosier de prácticas (30%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%). OPCIÓN B Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida pola Facultade de Ciencias da Educación da UDC: Terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e a metodoloxía de avaliación. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: Para o alumnado que se acolla á opción A: 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier e proba mixta). 2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dosier). Para todo o alumnado (opcións A e B): 1. A convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro (1ª oportunidade). 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 3. Segundo |
|