Lecturas |
Haberá lecturas obrigatorias e que deberán integrarse nos traballos de carácter práctico. Polo cal tamén puntúan e contan na avaliación da materia.
Nalgúns temas do programa o profesor/a poderá proporcionar unha serie de lecturas complementarias e de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais.
Tamén, as lecturas tratan de evitar a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas poderánse empregar, a discreción do profesor/a, así como outras forntes de información (documentais, películas, etc.) para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
|
Traballos tutelados |
Hai dous tipos de traballos tutelados: as prácticas plantexadas en clase sobre o exposto (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión sobre unha cuestión sociolóxica (e a súa exposición oral). Este traballo é para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Debe estar relacionado preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Tamén debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
As instrucións máis polo miúdo serán proporcionadas polo profesor/a durante o curso. |
Discusión dirixida |
Tralas sesións expositivas ou maxistrais, haberá debates sobre o exposto. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
Estos debates tamén son fonte de información.
Asemesmo, a participación e o interese nos mesmos terase en conta de cara a avaliación da materia. |
Proba obxectiva |
Os contidos das clases poden ser avaliados mediante algunha proba obxectiva, tipo examen, para comprobar o grao de coñecemento afianzado polo alumnado. Dita proba pode ser de carácter parcial e oral, con preguntas tipo test sobre o contido abordado nun periodo determinado. Ou pode ser unha proba final por escrito sobre o total do contido da materia. |