A profesionalización do/a educador/a social ten na animación e na acción sociocultural un ámbito ben determinado pola teoría así como pola praxe profesional. Na presente materia, preténdese poñer a disposición do alumnado, referentes tanto teóricos como prácticos que redunden nunha formación sólida e diversificada neste aspecto. Orixe de conceptos chave, ámbitos máis característicos, deseño, execución e avaliación dun proxecto de animación sociocultural, axentes culturais e labor en diferentes ámbitos son algúns dos contidos a abordar.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías