Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A exposición maxistral é moi reducida, sendo que esta se complementa con actividades de aprendizaxe cooperativa, de construción de coñecemento a partir de lecturas previas, buscando que o alumnado se sitúe fronte aos contidos abordados e constrúa saber.
|
Collaborative learning |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
As propias ferramentas empregadas preséntanse como estratexias de traballo na dinamización da participación social e comunitaria no ámbito do tempo libre, polo que se coida a reflexividade sobre a propia técnica de aprendizaxe.
|
Case study |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión. |
Directed discussion |
A partir de lecturas previas, e empregando estratexias de debate en pequeno grupo, o alumnado debaterá sobre temas que suscitan o seu interese e que os confronta coa realidade social e profesional (a vivencia dos tempos, a experiencia do lecer, etc.) |
Aprendizaxe servizo |
Contando coa colaboración dunha entidade social (non necesariamente específica para o tempo libre pero que traballe o lecer), o alumnado terá que desenvolver unha actividade de tempo libre. Para iso, debe ter en conta os factores que afectan á experiencia de lecer do colectivo (previamente abordada) así como os factores institucionais, enmarcando a súa acción dentro dos proxectos desenvoltos pola entidade. |