Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Educational Intervention in Leisure. Resources and Strategies for Educational Intervention in Free T
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before
Animation and Sociocultural Management/652G03017

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Socioeducative Socio-Educational Action in Minorities and Vulnerable Groups/652G03022
Local Government and Cultural and Educational Action/652G03040

Other comments
  • Non se admitirán traballos dos que o/a profesora non teña constancia da súa realización.
  • As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas son inamovibles.
  • Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a realización dos traballos e actividades de avaliación.
  • Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • En consonancia coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.
  • O calendario de titorías está exposto na web da Facultade e no taboleiro da porta do despacho. 

Recoméndase a mellor das implicacións entre compañeiros/as de clase e docente. As dinámicas, as actividades dentro e fóra da aula, as conversas e debates serán mellores, de maior valor pedagoxico. Sen dúbida.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes