Oral presentation |
Ademais do informe por escrito, os traballos tutelados deberanse expoñer en clase de forma oral, podéndose utilizar os apoios técnicos dispoñibles.
Esta exposición supoñerá o 20% da nota da materia.
|
Short answer questions |
No caso de que o alumno requira exame, o exame constará de catro supostos ou experimentos de Psicoloxía Comunitaria, e entre 3 e 4 preguntas para cada un deles. As preguntas estarán relacionadas, entre outros aspectos, con identificar os procesos psicosociais que reflicten estes supostos, indicar as implicacións destes procesos, indicar outros procesos relacionados ou propoñer exemplos prácticos. Deberanse elixir e desenvolver dous dos devanditos supostos.
|
Guest lecture / keynote speech |
Existirán clases presenciais que teñen un triplo obxectivo: por unha banda, o de sensibilizar e concienciar sobre os problemas sociais e acerca da importancia de posuír unha visión psicosocial comunitaria aplicada dos mesmos, por outro o de mostrar experiencias que se non se visionan é imposible que o alumno chegue a valorar a súa significación e importancia dentro da materia, e por último ofrecer resumos de contidos importantes dos temas que integran o programa. Comprenderán a exposición de exemplos e vivencias mediante medios audiovisuais e actividades de sensibilización e concienciación.
|