Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
30
Portafolios do alumno A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 As actividades incluídas na metodoloxía docente realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).

O dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional) e índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrucción da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

O profesorado realizará un seguimento das actividades que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobado todos os traballos realizados na clase.

O alumnado non asistente, deberá contactar conmigo para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Terase en conta, na presentación dos traballos, o formato, a redacción, as faltas gramaticales e as ortográficas. 

En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes