Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Administración local e acción cultural e educativa |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Administración local e acción cultural e educativa | Código | 652G03040 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Haberá, en diversos soportes, documentos referidos a Boas Prácticas para analizar na aula de maneira colectiva. É o caso das cidades que teñen asinada a Axenda 21 da Cultura. |
Aprendizaxe colaborativa | O alumnado deberá desenvolver un traballo de investigación aplicada sobre unha iniciativa educativa e/ou cultural local. O número de membros do grupo será de tres persoas e non deberán entregala, senón defendela no espazo e prazo que indicará ao seu debido tempo o profesor. A proposta deste curso será: o patio escolar. |
Estudo de casos | Trátase de experiencias concretas que achegará o profesor ou o alumnado. |
Discusión dirixida | Ao longo do cuadrimestre, abordaremos proxectos ou experiencias para ser discutidas en clase. |
Lecturas | Realizaremos un libro-forum sobre a obra: Beirak, Jazmin (2022). Cultura ingobernable. Ariel, Barcelona. |
Presentación oral | Tanto a intervención nas clases como a defensa dos traballos colectivos e individuais por parte do alumno/a serán tidos moi en conta polo profesor. Istos deberán ser defendidos en lingua galega. |
Sesión maxistral | Consiste en explicacións do profesor así como doutras persoas, nomeadamente profesionais en activo no ámbito da acción educativa e cultural local, do exercicio profesional en cuestión. Poderá ser na propia aula ou na visita ao espazo laboral do profesional en cuestión. |
|